viernes, 12 de mayo de 2017

Plumilibro castrexo

Este ano celebramos a Semana do libro en abril, elaborando uns orixinais libros . Para facelos buscamos información en :" El libro de los libros", no que explican moitas formas de facer diferentes libros.

Dende a biblioteca do CRA de Bergondo queríamos seguir traballando o tema do proxecto, a cultura castrexa, entón decidiuse facer un libro pluma, con material reciclado (periódicos e restos de  papeis de cores). O contenido do libro foi o tema dos castros, os nenos e nenas tiñan que debuxar en cada papel algo do que aprenderon do castros. Para iso tamén limos un libro sobre a cultura castrexa: "Os habitantes dos castros".


Pois os nosos plumilibros castrexos quedaron así de orixinais:








No hay comentarios:

Publicar un comentario