viernes, 22 de noviembre de 2013

SUKIMUKI: Historia dunha Princesa, o seu pai e o príncipe Kinoto Fukasuka

Unha preciosa historia dunha princesa Xaponesa moi, moi especial é a que vos propoñemos dende a Biblioteca do CRA de Bergondo:

Olla que pelos, que lle pasaría?
 Que tal se fas o crebacabezas da princesa?

Escoitámolo? Verás como che vai gustar...



Esta conto marabilloso é da ESCRITORA arxentina Mª Elena Walsh


Tan fermosos como o conto son os debuxos que para él  realizou a ILUSTRADORA Carolina Farías.




Podes usar tí as túas propias cores para darlle vida ás nosas propias SUKIMUKI do CRA, 
só tes que descargalas e imprimilas:

Xuntas:

Ou por separado



Antes de marchar da Biblioteca recomendámosche colorear un pouquiño máis cunha artista xaponesa moi curiosa: YAYOI KUSAMA. Ela enche o mundo de lunares, e igual xa a coñeces do


Animaste a entrar no seu mundo? 
Pois abre a porta premendo na imaxe de abaixo.


Agardamos que o desfrutases!!
Arigato, amig@!!




miércoles, 20 de noviembre de 2013

Día da infancia no Xapón!!!!








As bandeiras “KOINOBORI” o Satsuki-nobori, son bandeiras tradicionais xaponesas con forma de carpa  ízanse nos días especiais dos nenos.

Tradicionalmente os xaponeses asocian a carpa cos los nenos debido á forza que realizan éstas ao nadar contra  corrente dos ríos.

O día da infancia ten lugar no Xapón o 5 de maio e todos os edificios son decorados con Koinobori en honor os  nenos  e coa la esperanza de que crezcan fortes e  sáns.


En España o 20 de novembro  conmemoramos o día da infancia, polo que estos días colocaremos en todas as escolas as bandeiras Koinorobi en honor aos nosos alumnos.

martes, 19 de noviembre de 2013

Feliz Día da Infancia!



O 20 de novembro celebramos o aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno, que entrou en vigor en 1989. Dende entón millóns de nenos e nenas gozaron cada día dos seus dereitos.








En 1956, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas recomendou que se instituíse en todos os países un Día Universal da Infancia, que se consagraría á fraternidade e á comprensión entre os nenos e as nenas do mundo enteiro e se destinaría a actividades para promover o benestar dos nenos do mundo. O 20 de novembro conmemórase a data en que a Asemblea Xeral aprobou a Declaración sobre os Dereitos do Neno en 1959 e a Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989. Por iso, o 20 de novembro pasou a ser o Día Universal dos nenos e nenas.

A non discriminación: todos os nenos teñen os mesmos dereitos. Isto significa:todos os nenos e nenas, en todo caso, en todo momento e sen excepcións. Non importa a súa raza, relixión ou procedencia ou as ideas de seus pais. Ningún neno debe recibir un trato inxusto baixo ningún concepto.


Dereitos, por principio



Os dereitos da infancia baséanse en catro principios fundamentais:


  • O interese superior do neno: calquera decisión, lei ou política que poida afectar á infancia ten que ter en conta que é o mellor para os nenos e nenas. Cando os adultos tomen decisión teñen que pensar en cómo poden afectar aos nenos.
  • O dereito á vida, á supervivencia e ó desenvolvemento: todos os nenos e nenas teñen dereito a vivir, a desenvolverse e a acadar o seu máximo potencial na vida. Isto inclúe ter dereito a cousas como unha alimentación e aloxamento adecuado, á auga potable, á educación, á atención sanitaria, ao xogo e o descanso, a actividades culturais e a información sobre os seus dereitos.
  • A participación: os menores de idade teñen dereito a ser consultados sobre as situacións que os afecten e a que as súas opinións sexan tomadas en conta. Isto non significa que os nenos podan mandar sobre os seus pais nin dicirlles que teñen que facer. A participación debe ir aumentando conforme á idade e é importante para que os nenos e rapaces acaden a madurez.




Imaxe 1: A Convención sobre os Dereitos do Neno recoñece que todos os menores de idade deben ter unha protección especial e que non poden ser tratados como adultos.


Google rinde homenaje al día universal del niño


El buscador dedica el 'doodle' a conmemorar la declaración de los derechos del niño de 1959

lunes, 11 de noviembre de 2013

Velaí vai o KAMISHIBAI...

Xapón está na Biblioteca do CRA de BERGONDO.
 Co proxecto O MUNDO ENTEIRO viaxamos polo mundo durante este curso. Desta volta paramos en XAPÓN, onde teñen un xeito moi especial de contar contos:
¿Que que é o KAMISHIBAI?

Pois, si. É un teatriño de madeira con láminas de papel ilustradas que levaban os anciáns e os cuentista por Xapón adiante para lles contar aos rapaces e rapazas historias marabillosas.  Comezaban tocando os  HYOSHIGI para reclamar a atención do público.



Soaría así:



Se queres velo en acción: 




Cando os contacontos remataban a actuación,  facíanlles unha pregunta aos cativos e a resposta non lla daban ata a vindeira visita. E a nosa pregunta é Queres ver un teatriño en acción? Pois no CRA xa o contamos.  E nos gustou taaaanto que imos facer un KAMISHIBAI COLABORATIVO entre todas as Aulas do CRA
Xa volo publicaremos, que de seguro que queda divertidísimo... 


Aquí che deixamos a versión online do "OGRO VERMELLO QUE CHOROU".
Agardamos que che guste:



Se queres colorear aos seus protagonistas...imprime a folla de abaixo.