lunes, 23 de abril de 2012


O 23 de abril celébrase a nivel mundial o Día do Libro co obxectivo de fomentar o gusto pola lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor. Elixiuse esta data pola coincidencia da morte de tres grandes escritores da literatura universal como son Miguel de Cervantes, Garcilaso de la Vega e William Shakespeare na mesma data no ano 1616.

E... ¿por que ler?
  • ·       Lendo un xornal sabemos o que pasa no mundo.
  • ·       Nos libros atopamos historias que nos forman.
  • ·       Unha palabra escrita nun cartel pode guiar unha viaxe.
  • ·       En internet “está todo”.
  • ·       Unha información a tempo (nun xornal, nun anuncio, nun sinal, nunha  carta) pode salvar unha vida.


Os libros en xeral educan, ensinan e permiten explorar novos mundos; descubrir o descoñecido, interpretar o coñecido e despertar en nós sensacións e sentimentos a traves dos seus debuxos, das súas páxinas, dos seus personaxes,...

Lerlles aos nenos e as nenas dende ben pequenos e habitualos á lectura ten múltiples vantaxes. Ter na casa alguén que lles cante, lles conte, que lles lea e dialogue con eles con frecuencia, fai que adquiran antes e de xeito máis eficaz recursos para a aprendizaxe da lectura e da escritura.

A lectura axuda a desenvolver a linguaxe e ampliar o vocabulario, favorece a imaxinación e o achegamento a realidades propias e alleas, é unha oportunidade de conversar e coñecer os seus intereses e inquedanzas.


Habituar os nenos á lectura de distintos tipos de texto e con finalidades diferentes, alimentar o seu gusto por coñecer e facilitar a busca de información, é un bo camiño para acadar o éxito escolar.

 Podemos ler o poema de Ana Mª Fernández,
 e escoitalo na versión musicada de Mamá Cabra,
 “Con tan só leres un libro”, aquí: