Ainda non ben rematamos o outono, e xa estamos no Nadal. Xa temos decoradas as escolas, cantamos as panxoliñas, fixemos as tarxetas de felicitación que quedaron preciosísimas, as portadas para levar os traballos do trimestre ás casas, escoitamos contos do Nadal, recibimos a visita do Pandigueiro e dos Reis Magos, e marchamos de vacacións para desfrutar das nosas familias nestas festas .
Esperamos que os Reis nos traian a todos de agasallo algún libro, deixamos aquí o conto de Martiño, que vimos nas escolas, gravado coas voces de Guille e Candela.
Historia e cantiga do Apalpador contada polos alumnos de 5º curso do CEIP Nosa Señora de Xuvencos, e a cantada polos alumnos deo CEIP San Xoan de Filgueira.
En
1956, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas recomendou que se
instituíse en todos os países un Día
Universal da Infancia,
que se consagraría á fraternidade e á comprensión entre os nenos
e as nenas do mundo enteiro e se destinaría a actividades para
promover o benestar dos nenos do mundo. O 20 de novembro conmemórase
a data en que a Asemblea Xeral aprobou a Declaración sobre os
Dereitos do Neno en 1959 e a Convención sobre os Dereitos do Neno en
1989. Por iso, o
20 de novembro pasou a ser o Día Universal dos nenos e nenas.
A
Convención di...
“Os
Estados Parte darán a coñecer amplamente os principios e
disposicións da Convención por medios eficaces e apropiados,
tanto aos adultos como aos nenos”
Artigo
42
A
Convención sobre os Dereitos do Neno
Xa
transcorreron máis de vinte anos dende que se aprobou a Convención
sobre os Dereitos do Neno e todos os países do mundo (salvo Estados
Unidos e Somalia) ratificárona, converténdose así no instrumento
de Dereitos Humanos máis amplamente refrendado na historia da
humanidade.
A
pesar disto, cada día vulnéranse os dereitos de millóns de nenos e
nenas en todos os países do mundo e, polo tanto, tanto as
institucións como a sociedade civil deben responder a este reto
eseguir
loitando para que a Convención se converta nunha realidade en
beneficio dos nenos e nenas do mundo.
O
20 de novembro celebramos entón o aniversario da Convención sobre os
Dereitos do Neno, que entrou en vigor en 1989. Dende entón millóns
de nenos e nenas gozaron cada día dos seus dereitos. En 2012 a
Convención cumpre 8401 días. Cada un deles recórdanos ocompromiso
da humanidade para que ningún neno, nena ou adolescente se vexa
privado de dereitos como a supervivencia, a educación ou a
protección.
Cantos
días cumpren os teus dereitos?
Unímonos
a esta festa mundial celebrando cos
alumnos
e alumnas o aniversario dos dereitos da infancia.
.
En
2012 a Convención cumpre 8401 días.
Cada un deles recórdanos o compromiso da humanidade para que ningún
neno, nena ou adolescente se vexa privado de dereitos como a
supervivencia, a educación ou a protección.
Dende entón millóns de nenos e nenas
gozaron cada día dos seus dereitos
Queres
saber cantos días teñen os teus dereitos e cantos cumprirás o 20
de novembro?
O pasado martes, 30 de outubro, celebramos cos nosos alumnos o Magosto e o Samaín, facendo unha saída . Pasaron os autobuses a recollernos pola escolas para levarnos cara á Senra onde nos xuntamos todos e o grupo Matapiollos estábanos a esperar cunha actuación de maxia e contos que estivo moi entretida e divertida. Logo estivemos no CPI Cruz do Sar, o colexio dos maiores, onde estabamos invitados a ver unha exposición de cabazas elaboradas polos alumnos e as súas familias, eran espectaculares, estivemos a escuras, á luz das candeas, coas cabazas, morcegos, arañas... “pasamolo de medo”. A continuación marchamos a Santa Marta de Babío, onde na casiña dos artesáns, estaba o Sr. Benigno asando as castañas na lareira, das que dimos boa conta acompañando o manxar cos batidos de chocolate que nos regalaron do comedor do CPI .
Nos blogues de todo o CRA haberá fotos e vídeos da saída, deixo aquí unha mostra delas:
A nosa saída foi publicada na prensa, deixo o enlace:
O
24 de outubro, Día das Bibliotecas, Cristovo e Isa foron de visita a
unha biblioteca de A Coruña. Pasárono fenomenal entre tanto
tesouro, porque Cristovo sempre di: quen ten un libro ten... UN
TESOURO!!Animádevos
a ir.
Dende a Biblioteca do CRA de Bergondo propoñemos a tódalas familias dos nosos alumnos e alumnas que durante esta semá e co motivo da celebración do Día Internacional das Bibliotecas, se acheguen a visitar algunha das bibliotecas do Concello cos seus fillos. A Biblioteca Municipal atópase no baixo do edificio de Caixa Galicia, no cruce de Os Condes , e abre de luns a venres en horario de tarde das 16´00 a 20´00 horas, e os sábados de 10´00 a 13´00 horas.
A
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
propón diversas actividades en toda Galicia para celebrar o Día da
Biblioteca, unha efeméride que se conmemora o 24 de outubro e que
pon en valor as bibliotecas como servizos culturais e informativos de
máxima relevancia para unha sociedade avanzada, necesarios para
mellorar a calidade de vida e a formación do conxunto da cidadanía
en condicións de igualdade.
Por
tratarse dunha celebración especial, as bibliotecas nodais de
Galicia da Consellería de Cultura e Educación aproveitarán este
día para realizar unha xornada de portas abertas, durante a que
convidarán a cidadanía a participar en visitas guiadas para amosar
todos os servizos que ofrecen os centros bibliotecarios.
Juntos
en la biblioteca, están
siempre allí esperando que
alguna manita inquieta se
decida a despertarlos. Sus
hojas son ventanitas que
abren con alegría para
llevarnos a un mundo de
aventura y fantasía. A
veces leo de brujas, otras
veces, de planetas, de
princesas, de animales o
de un niño en bicicleta. Por
favor no me interrumpan, dejadme
ahora tranquilo, que
quiero leer un libro y
compartirlo contigo.
Xa
temos cada un a nosa mascota, fixemos un Cristoviño, que nos quedou
ben chulo. Agora na casa tamén teremos quén nos anime a ler contos. Estas son as fotos das nosas obras
O
Colexio Rural Agrupado de Bergondo , dende o departamento da
Biblioteca, está a participar no programa enrédate de UNICEF, no
programa “A auga lévanos á escola” “GOTAS POLO DEREITO Á
EDUCACIÓN"
O
lavado de mans é un xesto cotián que une a millóns de nenos de
todo o mundo.
Lavar
as mans é unha práctica, tan sinxela como imprescindible que
constitúe unha das condutas hixiénicas máis importantes, pois
logra previr o contaxio de moitas enfermidades infecciosas.
Para
fomentar que se consolide o hábito, vede o videoclip da canción
“Lava as máns cos Lunnis” antes de lavas as mans durante algúns
días.
Durante o mes pasado, e co motivo do Día do lavado das máns, nas Escolas do CRA de Bergondo realizaron murais con pintura de dedos a proposta da campaña, os nenos e nenas disfrutaron moito, cantaron a canción dos Lunnis, e lavaron, lavaron...
escoitaron e miraron o conto de " A billa de Xoán" de Nova Galicia Edicións,
Cafe Roma: A billa de Xoán Ilustracións de Pablo Álvarez Rosendo Nova Galicia Edicións. Vigo, 2007
María estaba a preparar a equipaxe para marchar de vacacións de verán coa súa familia. Mentres, o fillo estaba sentado no sofá pensando en que por fin ía coñecer o mar. Entón preguntoulle á mai por que se o mar era tan grande sempre dicían que había que aforrar auga e fechar ben as billas. Para que o entendese, ela deixou a maleta, sentouse ao seu carón e contoulle esta historia: Todos os días a mai berráballe a Xoán por deixar a billa aberta. Unha mañá que se meteu na ducha non saíu auga. Resulta que só tiñan un balde de auga para todo o día e para todos. Polo tanto, tiña que usar a mínima posible para asearse. Cando volveu do colexio, só tiña medio vaso de auga para beber. A mai díxolle que se a usaba só cando a precisase e non deixaba as billas abertas, axudaría a que tivesen máis auga. El entón prometeu aforrar tanta que nunca ían quedar sen ela. Porque comprendeu o importante que é nas nosas vidas a auga, que debemos aproveitar e conservar.
e xa están chegando as fotos
"Máns limpas, Mundo limpo, da Escola das Xoaniñas de Carrio"
"Xa estamos impecables para o Samaín-Hallowen", da Escola das Bolboretas tamén de Carrio.
ADELA TURÍN (texto) e NELLA BOSNIA (ilustración) Kalandraka
Aillada nun xardín, Margarida é a única elefanta do grupo incapaz de conseguir que a súa pel sexa de cor rosa caramelo. Cando os seus proxenitore desisten de impoñerlle ese aspecto, por fín poderá descubrir o significado da liberdade e abrirlle o camiño da igualdade as súas compañeiras.
Agora que estamos a comezar un novo curso, e iso leva implícito unha orde e organización das aulas e materiais máis exhaustivo do normal, propóñovos neste enlace unha idea fantástica para reciclar as ceras de cores que nos quedaron do curso pasado e que son demasiado pequenas para usar, pero da pena tirar.
Asegúrovos que vouno levar á práctica e contareivos como quedaron porque ten moi boa pinta.
Agora que estamos en tempos de crisis, ven mellor que nunca acostumbrarnos e ensinar aos nenos , que reciclando, todos saímos gañando.
Loli, a bibliotecaria do “cole dos maiores”,
contounos na biblioteca unha historia preciosa:
PEQUENO
AZUL E PEQUENO AMARELLO.
…un
día Mamá azul díxolle: “Teño que sair, espérame na casa”.
Pero pequeno azul foise buscar a pequeno amarelo á casa de diante. A casa
estaba baleira.¿Onde estaría pequeno amarelo? Buscóuno por todas
partes…ata que, de súpeto, á volta da esquina ¡Ali estaba
Pequeno Amarelo”.
Moi contentos abrazáronse. Abrazáronse tan forte que……..
Leo
Lionni (Amsterdam 1910-Toscana 1999) presentanos esta pequena obra
de arte da literatura infantil que saliu do seu maxín casi por
casualidade. Durante unha viaxe en tren ocurriúselle a idea de
entreter aos seus netos creando unha historia a partires de anacos de
papel…así surdiu “Pequeno azul e pequeno amarelo”, o primero
dunha longa lista de máis de 40 obras aclamadas por la crítica
especializada, coma : “Frederick”, “Nadarin”, “A casa máis
grande do mundo” etc. Este libro, a simple vista tan sinxelo,
está de cheo de valores fundamentais, que permitirános traballar
no só a nivel plástico cós nenos se non mais aló do puramente
artístico.
“Dous
pequenos cores fúndense nunha aperta sen se percatar e sen
importarlles que se convirten nunha nova cor, o que fai que ninguén
lles recoñeza. A exclusión por parte dos outros fai que o chorar
que isto lles provoca, convírtalles na súa coor orixinal. O
descubrimento do ocontecido fai que compartan coa súa familia e
amigos e con ledicia este novo feitoo. Así é como todos xogaran a
mexturarser e a descubrir novas gamas cromáticas.”
A
historia destaca pola ternura e orixinalidade da propuesta plástica
en armonía cun texto de frases sinxelas e descriptivas moi pretas
aos nenos.
Dende o sinxelo relato atopamos valores importantísimos a traballar non
só cos nenos, tamén cos maiores , como son a
AMIZADE, A INOCENZA, A IDENTIDADE INDIVIDUAL E COLECTIVA, A
IGUALDADE.
LEO
LIONNI TRANSMÍTENOS DE TAL XEITO QUE NON IMPORTAN AS DIFERENCIAS
ENTRE AS PERSOAS CANDO O RELEVANTE É A SOLIDARIDADE, A COMPRENSIÓN,
A NON EXCLUSIÓN E A CONVIVENCIA.