domingo, 18 de diciembre de 2011

A NOSA MASCOTA DESÉXAVOS UN BO NADAL

CRISTOVO, a mascota da biblioteca, estase a preparar para as vacacións de Nadal.

Quérevos lembrar que un bo agasallo para lle pedir aos Reis ou a Papa Noel é un LIBRO, ou moitos, como lle gustan a él.



¡¡ Non vos esquezades do seu consello !!

miércoles, 14 de diciembre de 2011

¡¡¡TEMOS UNHA NOVA MASCOTA!!!

Presentámosvos  a CRISTOVO, a nova mascota da BIBLIOTECA do CRA de Bergondo.

CRISTOVO chegou das mans de Adrián Seoane Souto, da Escola de Lubre.
Ten unha historia preciosa, que xa vos contaremos, creada, coloreada e deseñada por toda a familia.


No edificio da Senra poderedes ver estes días unha exposición con algunhas das mascotas propostas polos nenos de todas as escolas. 


Agradecemos resposta de todos os participantes que lle puxeron ao xurado moi difícil a tarefa de escoller. 





¡¡Moitas grazas pola participación e Noraboa ao premiado!!


sábado, 3 de diciembre de 2011

¡¡¡XA CHEGOU O CONTACONTOS!!!

Vede qué ben o pasamos nas escolas con Anxo Moure.
Chegou no seu PAZ-TINETE a cada unha das nosas escolas.

Neste vídeo podedes disfrutar un pouquiño con nós dos bos ratos que pasamos cos seus contos de Paz, Solidaridade e Respeto. E fíxoo de xeito altruísta.



ANXO ten dous contos escritos ¿querédlos ver?

Son este,


e estoutro:


que nos darán boas horas de lectura...

domingo, 27 de noviembre de 2011

CONTACONTOS POLAS ESCOLAS DE BERGONDO

CONTOS CON ANXO MOURE


O mércores imos ter a sorte de poder disfrutar cos contos solidarios de Anxo Moure.  Dixo que chegaría co seu paztinete  para levarvos de viaxe, voando ata o mundo dos contos solidarios...
 Nestas semanas estivo cargando contos nos bosques de Laza,
Ancares, Manzaneda, A Veiga, O Bolo, Randín.... contos que viven
nas miradas dos poucos nenos que quedan nesas escolas e por eso
teñen tantas gañas de que vos escoitedes as súas historias.

Aquí deixamos unha fotiño da súa ciclobiblioteca , cargadiña de libros . Virá contarnos fermosas historias que percorren os diferentes concellos da nosa comunidade.

lunes, 21 de noviembre de 2011

OS DEREITOS DOS NENOS


20 de noviembre de 2011

Dia Internacional dos Dereitos do Neno


A Declaración dos Dereitos do Neno foi proclamada pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas en Resolución do 20 de novembro de 1959. Non ven mal recordalos, son dez:
1. Dereito a igualdade, sen distinción de raza, relixión ou nacionalidade.
2. Dereito a unha protección especial para que poidan medrar física, mental e socialmente sans e libres.
3. Dereito a ter un nome e unha nacionalidade.
4. Dereito a unha alimentación, vivenda i atención médica axeitadas.
5. Dereito a educación e atencións especiais para os nenos física ou mentalmente disminuidos.
6. Dereito a comprensión e amor por parte das familias e da sociedade.
7. Dereito a unha educación gratuita. Dereito a divertirse e xogar
8. Dereito a atención e axuda preferente en caso de perigo.
9. Dereito a ser protexido contra ó abandono e a explotación no traballo.
10. Dereito a recibir unha educación que fomente a solidariedade, a amizade e a xustiza entre todo o mundo.


Nos seguintes enlaces poderedes ver e escoitar os dereitos dos nenos comentados por Mafalda e os seus amigos para Unicef, polos Lunnis... descubrídeos





A que sabe a lúa?

Os nenos e nenas da Escola das bolboretas de Carrio probárona hoxe, que vos conten a que lles soubo


A QUE SABE A LÚA?
(Editorial Kalandraka)


Había moito tempo que os animais andaban
a matinar a que sabía a lúa. Era doce ou salgada?
Só querían probar un anaco pequeno. Polas noites, miraban ansiosos para o ceo.
Estarricábanse e estiraban o pescozo...

Quen non soñou algunha vez con darlle unha dentada á lúa? Este foi precisamente o desexo dos animais deste conto. Tan só querían probar un anaquiño pero, por máis que se estiraban, non eran quen de tocala. Daquela, a tartaruga tivo unha xenial idea: “Quizais entre todos poidamos alcanzala”.

Esta é unha historia de desexos que parecen -a primeira vista- inacadables, como a lúa, pero que conseguen facerse realidade grazas á cooperación.

Unha axuda mutua da que son partícipes os máis variados animais: a tartaruga, sobre a que se sostería o mundo, segundo a mitoloxía; o elefante, a xirafa, a cebra, o león... ata que finalmente un deles, o máis pequeno de todos...

E así, a medio camiño entre a fábula e a lenda, este relato ofrécelle ao lector unha poética ensinanza que fala de xenerosidade, solidariedade e soños compartidos; cun chisco de humor, o que aporta unha lúa sorrinte, burlona e algo saltareina.



Podedes escoitar a gravación que fixeron do conto os nenos doutro cole no seguinte enlace

lunes, 14 de noviembre de 2011

O DÍA 16 DE NOVEMBRO CONMEMORAMOS O DÍA DA TOLERANCIA



 16 de novembro Día internacional para a tolerancia.

 Dende a dinamización da biblioteca contaremo-lo conto 
 "A gatiña Rosalinda"

Álbum ilustrado sobre a diversidade, a busca da identidade propia e a defensa da tolerancia, recreado na historia dunha familia de gatos moi, moi distinguida: Don Casimiro e Dona Carolina proveñen dunha longa e recoñecida estirpe famosa pola súa fermosa pelaxe negra coma o carbón; despois dunha longa espera van ter unha filla que esperan con ansiedade, mais con Rosalinda chega unha grande sorpresa: en lugar da tradicional pelaxe negra na súa familia, Rosalinda loce unha chamativa cor arrubiada…, pero non é a única peculiaridade desta gatiña singular. Rosalinda gusta de relacionarse con cans e ratos, por exemplo.

miércoles, 9 de noviembre de 2011

BUSCAMOS MASCOTA PARA A BIBLIOTECRA

Invitámosvos a participar a toda a Comunidade Educativa do CRA no CONCURSO ESPECIAL da MASCOTA da BIBLIOTECA.
De seguido podedes ler as bases:

Non o dubidedes e participade

martes, 25 de octubre de 2011

Día das Bibliotecas Escolares

Este luns celebrouse o día das Bibliotecas Escolares.



Dende a Biblioteca do CRA imos adicarlle a semana enteira a esta data do 24 nas diferentes escolas. 

A nosa maior ilusión é a de que @s nos@s alumn@s lles guste a Lectura.



Moitos motivos para ler...


Moitos recordos para lembrar...


¡¡Animádeos a desfrutar connosco do pracer de medrar lendo !!





viernes, 21 de octubre de 2011

CONTO do OUTONO

Dende a Dinamización de Tics do CRA e en colaboración coa nosa Biblioteca subimos un vídeo do conto que estamos traballando nestas datas de Outono.
É da editorial Kalandraka e titúlase: Xaime e as landras.
Esperamos que vos guste.



Engadironse actividades da PDI como puzzles e parellas. 






Ímolo pasar moi ben...
E preparádevos, que a semana que ven ímolo pasar de MEDO.

jueves, 5 de mayo de 2011

BENVID@S AO BLOGUE

Benvidos ao BLOGUE da Biblioteca do CRA DE BERGONDO.
Pronto engadiremos novas e suxestión para desfrutar da lectura c@s non@s cativ@s.
Namentres podedes ver algunhas das últimas recomendacións...